Este venres, con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO participaron na mesa redonda organizada polo CIM de Sanxenxo «A ciencia si é cousa de nenas» , na que charlaron con cinco xóvenes mulleres do concello (Laura Arosa, investigadora predoctoral no Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago; Sandra Moraña, investigadora predoctoral no instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS); Lara Troncoso, investigadora predoctoral no Centro de Investigación en Biomateriais; Eva González, radiofísica interna residente no CHUS y Sara Martínez, médico interno residente no CHUAC) sobre as súas experiencias laborais no ámbito cientifico, a importancia do seu traballo no día a día.