Máis de 200 ximnastas déronse cita, o pasado sábado 16 de marzo, no VIII Festival de Ximnasia Rítmica Colexio Abrente.
Un ano máis o pavillón do Colexio Abrente encheuse de arte, elegancia e plasticidade , co bo facer das ximnastas, dos 11 clubs e colexios participantes.
Polo tapiz desfilaron ximnastas de 3 anos, que se inician neste deporte, dándolle ao festival un toque de inocencia e ilusión, xunto a ximnastas clasificadas para campionatos nacionais deixándonos unha sesión repleta de luz, cor, paixón, beleza e elegancia.
Agradecemos aos clubs participantes: Club As triscas, Vila de Pontevedra, Club Vilarousa, Club Treboada, Club Agarimo, Club Grand Jeté, Club rítmica Vilagarcía, Club Biqueira, Colexio Apóstol Santiago, Club Apóstol Santiago e como non as ximnastas do equipo de rítmica do Colexio Abrente, por participar con ilusión ano tras ano no noso festival.