Os alumn@s de E. Infantil puxemos en marcha a nosa horta escolar. Sementamos leitugas, amorodos, cebolas, cabaciñas, tomates e pementos. Esperamos recoller parte desta produción antes de rematar o curso e podelo degustar, seguro que vai ser toda unha motivación para enfrontarnos a certos alimentos que ás veces rexeitamos.