Con motivo do día 8 de Marzo, día internacional da muller, organízase no colexio, o venres día 6 de marzo unha mesa redonda que leva por título: «8 DE MARZO LOITA POLO FEMINISMO». 
Aproveitase este acto para presentar O Plan de igualdade (ou plan coeducativo):  é un documento programático a través do cal os centros educativos poden recoller as medidas de acción positiva para abordar a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para sensibilizar, previr e intervir fronte á violencia machista, que inclúe a violencia de xénero e a LGBTIfobia.

Coa finalidade de renovar os esforzos por construír un modelo educativo que rompa coa transmisión dos estereotipos e cos roles de xénero que perviven na sociedade, o Colexio Abrente seguindo as indicacións e normativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional editou a comezos deste curso académico o 1º PLAN DE IGUALDADE DO COLEXIO ABRENTE. Así pois, trátase de incorporar o modelo coeducativo ao modelo pedagóxico do centro co fin de avanzar na consecución do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no noso ámbito educativo.