FESTIVAL DE XIMNASIA RÍTMICA

Este pasado venres celebrouse o festival de fin de curso da extraescolar de ximnasia rítmica.

Todos esperabamos o día en que o pavillón do colexio volvese encher os tapices de cor, maxia e ilusión e por fin chegou o día:  os e as ximnastas estaban nerviosos e emocionados ao ver que se podía celebrar un festival, aínda que con público restrinxido (polas medidas de seguridade), pero o suficiente para volver motivar a estes pequenos- grandes ximnastas.

No festival actuaron os e as ximnastas da nosa gran familia de rítmica, desde as mais pequenas de infantil con “Antes morta que sinxela”, unha coreografía con moito  saleiro, pasando polos equipos de competición escolar e as individuais de promoción e escolar que o deron todo no tapiz, para finalizar con 2 actuacións moi especiais: a de “ Toy story “das nenas e nenos de exhibición e  un  remix de “Mecano” que fixo estremecer ao público e no que actuaron as ximnastas que forman o equipo de competición do Colexio.

Agradecer ao  Concello de Sanxenxo por cedernos cadeiras para o evento, a todos os invitados por seguir o protocolo sen alteracións e, como non, aos nosos ximnastas que sempre nos fan pasar un intre agradable.

 

no se han encontrado imágenes