Este venres celebrouse no teatro Principal de Pontevedra a IV edición dos Premios HQR organizada polo Diario de Pontevedra. O noso colexio foi galardoado co premio ao Mellor Proxecto deportivo, como recoñecemento a case corenta anos de esforzo e traballo pola promoción do deporte en idade escolar. En representación do centro asistiron profesores, alumnos e familiares. Deixámosvos as fotos e o vídeo deste emocionante evento.
![](https://colexioabrente.com/wp-content/uploads/2022/12/nggallery_import/2-DiarioPontePremiosHqr-.43.jpg)