O pasado luns, 23 de xaneiro, a rapazada de 3º e 4º de ESO realizaron unha saída lúdico-cultural á cidade de Pontevedra. Primeiro asistiron a unha representación teatral en inglés no Auditorio de Caixanova: a obra «The movie»,representada por actores nativos, que resultou moi divertida e interactiva e na que algúns rapaces participaron como actores.
Máis tarde realizamos unha visita pola zona vella de Pontevedra, visitamos a Basílica de Santa María subindo ó campanario, Praza da Ferrería e do Teucro, Mercado Municipal, Igrexa de San Bartolomé, etc. Despois de comer fixemos unha ruta pola Illa das Esculturas na Xunqueira.
![](https://colexioabrente.com/wp-content/uploads/2023/01/nggallery_import/Ponte-.11.jpg)