O pasado martes, 18 de xuño, celebramos no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo o festival de teatro dos alumnos e alumnas de Educación Infantil. Os nenos e nenas dirixidos polos seus mestres levaron a cabo unhas preciosas representacións e pasáronllo en grande. O acto pechouse coa entrega de diplomas aos nenos do último curso e a homenaxe á mestra Virgina que o curso que vén xubílase.
Parabén a todos e grazas ás familias pola súa implicación e apoio.