Na primeira semana de abril, o alumnado de 4º de ESO desfrutou esta semana dunha enriquecedora excursión por varios puntos clave do nordés peninsular. A viaxe comezou cunha parada en Zaragoza e unha visita ao impresionante Mosteiro de Pedra. Xa na costa, percorreron Tarragona, onde coñeceron de primeira man as súas valiosas ruínas romanas. Tamén visitaron Barcelona, destacando a emblemática Sacra Familia. O broche final puxérono dúas xornadas de diversión en PortAventura World.
Unha experiencia completa que combina cultura, convivencia e lecer, e que deixa un excelente recordo en todo o grupo.
