Un día cheo de tradición, xogos populares, castañas asadas e momentos compartidos entre grandes e pequenos.
Os maiores convertéronse nos grandes protagonistas, colaborando con ilusión na organización dos xogos, no asado e no reparto das castañas.

Porque no Abrente aprendemos, gozamos e medramos xuntos!


🌰🥁 O MAGOSTO TAMÉN SOA A PANDEIRETA! 🍂🎶
Os rapaces e rapazas da extraescolar de pandeireta puxéronlle ritmo e alegría ao noso Magosto coa nosa particular canción! 💚
🎵 «Hoxe estamos de festa, no Abrente verás, unhas ricas castañas que despois comerás!» 🌰
👏 Que viva a música, as nosas tradicións e o talento dos nosos pequenos artistas! 🍁💚
#Magosto #ColexioAbrente #Pandeireta #TradiciónsGalegas

Ganadora castaña: 🌰🏆 XA TEMOS GAÑADORA DO CONCURSO DA CASTAÑA MÁIS PESADA! 🍂
A nosa pequena Alma, da aula de 3 anos, foi a gran gañadora! 🥇🌰
🎉 Parabéns, Alma! 👏💚
Moitas grazas a todos os participantes pola vosa ilusión e colaboración! 🧡�