O día 15 de marzo celebrouse o día dos dereitos do consumidor, e os alumnos da ESO prepararon unha serie de charlas para achegarlles aos máis pequenos do colexio en que consiste a publicidade, e aos seus compañeiros de Educación Primaria información e consellos sobre os xogos en internet e os micropagos dentro dos mesmos.