O equipo de 1º de ESO do Colexio Plurilingüe Abrente acaba de proclamarse campión na súa categoría (1º de ESO) do Rally Matemático sen Fronteiras que tivo lugar hoxe na Facultade de Química de Santiago de Compostela e representará a Galicia no final do Rally en Toulouse (Francia) o vindeiro 10 de maio.
O Rally Matemático está organizado pola Asociación IGACIENCIA e ten dúas fases, a fase de centro onde se seleccionan 3 equipos de cada curso de ESO e a fase galega na que os tres equipos finalistas compiten entre eles para unha praza na final europea. Participaron 127 equipos, uns 1000 alumnos de toda a xeografía galega.
O equipo formado por 8 alumnos: Pablo Soutullo, Saray Paz, Manuel Hay, Lucas García, Sara Puente, Joel Estévez, Saulo Martínez e Anna Guisasola coordinados polo mestre Andrés Hay, terán que competir agora con equipos doutras rexións europeas.