O día 22 de novembro rematou a formación para o profersorado do Colexio:
“A Atención ás Altas Capacidades nos Centros Ordinarios (Xestión de aulas avanzadas)”.
Esta formación tivo unha duración de 9 horas lectivas e foi impartida polo profesor: José Eladio Ferro Fontenla, especialista en Altas Capacidades do Equipo de Orientación Específico de Pontevedra.
A asistencia foi de 17 profesoras/es das tres etapas educativas.
Abordouse a seguinte temática:
– Clarificar as diferentes terminoloxías asociadas ás Altas Capacidades
– Delimitar o concepto de AA CC
– Como elaborar un plan preventivo de atención a estas necesidades educativas
– Coñecer os procesos de detección e identificación do alumnado con AA CC
– Diferenciar as distintas medidas de resposta educativa para este alumnado
– Reflexionar sobre a configuración de aulas que escolaricen a este tipo de
alumnado
– Analizar os elementos que conforman un aula avanzada.