Durante este mes desenvolveuse nos centros de secundaria do noso concello o 2º concurso de guións cinematográficos » Curtas contra as violencias de xénero» no que o guión gañador adquiría o dereito á gravación dunha curtametraxe sobre o tema. Por segundo ano consecutivo o primeiro premio recaeu nun alumno do noso centro, Javier Reina Otero de 3º ESO, co seu guión «Un día máis, un caso menos». A entrega de premios realizouse este luns, 25 de novembro, no auditorio Emilia Pardo Bazán. No acto se visionou a curtametraxe e tamén resultaron premiadas cun terceiro posto as alumnas de 4º ESO, Laura Jamardo Cores, Desiré Peón Santos e Julia Soutullo Parada, e cunha Mención especial do xurado, Nayara Torres Soage e Noel Castro Carrera de 3º ESO.