«Os  MARTES (14 DE XANEIRO e 21 DE XANEIRO DE 2020)

 DIRIXIDO A NAIS, PAIS E FAMILIA DE:

SEGUNDO CICLO DE INFANTIL E PRIMARIA.

 EN HORARIO: 15:10 a 16.45 hs

Dende o Departamento de Orientación e a ANPA do Colexio Abrente organizamos as seguintes Charlas coa temática: EDUCACIÓN AFECTIVA E SEXUALIDADE

Continuando coa Escola de Nais e Pais organizamos as charlas-tertulia deste curso coa temática:

A IMPORTANCIA DE EDUCAR NA AFECTIVIDADE E SEXUALIDADE NA INFANCIA.

 PONENTES:

Antía Martínez Abal e Alberto Fernández Boo son graduados en Ciencias Políticas e da Administración, ambos especializados en intervención educativa en materia de igualdade de xénero e educación afectivo-sexual.

A seguinte charla que se vai impartir en breve será sobre como facer uso e prevención de riscos coas redes sociais e as novas tecnoloxías.