Cada 30 de xaneiro celebramos o día da paz e da non violencia nos centros educativos galegos. Desde o Colexio Abrente queremos presentar como lema neste día “Pensa na paz” un lema que queremos que estea presente todos os días do ano. Por esta razón levamos a cabo unha actividade en equipo, coa creación dun mural elaborado por todo o centro e a inauguración do banco da amizade, que estará con nós ao longo de todo o curso con fin de resolver conflictos no tempo de recre e de non deixar fóra dos xogos a ninguén.