Campionato Zonal de Campo a Través. Educación Primaria.
Máis de 700 alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP, de diferentes colexios da Zona do Salnés, déronse cita o mércores 13 de novembro á Azucareira a Portas, para participaren no Campionato Zonal de Campo a través.
Despois das abundantes choivas da semana, o mércores Lorenzo acompañounos en toda a xornada.
Os nosos alumnos/as pasárono en grande nesta xornada onde o compañeirismo, a convivencia e a diversión priman sobre a competición, aínda que, coma a todos, aos nosos alumnos/as tamén lles gusta gañar, e así o demostraron. En tódalas categorías algún dos nosos atletas, se situaron entre os 10 primeiros postos, podendo destacar a Karol Rivera e a Hugo Padín, que quedaron 1º e 2º lugar respectivamente na categoría de 2º EP, en 3º EP , foi Manuel Rivas o que se subiu ao podium nun merecido 3º posto, do mesmo xeito o fixo Lucía Martínez de 4º EP, pero o máis destacado foi o triplete formado por Marta Basdedios, Aroa Barbeito e Aitana Pérez, seguidas de Branca Dezagoire nun 4º posto e Naira García dun 6º na categoría de 6º EP, onde participaban 78 alumnas de diferentes centros da comarca do Salnés.
Parabén a todos os nosos atletas e a seguir facendo deporte.
Na ligazón deixámosvos os resultados e algunhas fotos.