Desde Educación Física, queremos incidir na importancia que ten o manternos fortes e sans, e máis nesta situación na que todos temos que “quedarnos na casa” e por iso, debemos fomentar entre todos o MOVEMENTO, é moi importante, que esta situación non nos leve ao sedentarismo e gustaríame axudarvos a iso. Propóñovos facer unha actividade distinta cada día cos vosos fillos e fillas para facer máis levadía a estadía na casa: GRANDES RETOS DA EDUCACIÓN FÍSICA 

RETO DE HOXE: MARTES 17/03/2020:

 Todos imos poñer uns panos atados nos pés, e ímonos a desprazar pola casa, deslizándonos, e axudamos a limpar o chan.

Podedes mandar fotos ou vídeos. raquelrqr@gmail.com

Reto 1 acadado. Aquí tendes algunhas fotos dos rapaces e rapazas: