O alumnado dos distintos cursos da ESO participou esta semana nas primeiras roldas do Rally Matemático 2022. Cheos de ilusión e con moitas ganas, os alumnos e alumnas afrontaron distintas probas matemáticas que puxeron a proba a súa capacidade e traballo en equipo.