Fai tres anos un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO gañaron o Rally Matemático sen fronteiras co premio de participar na final en Toulouse (Francia). Debido a unha folga de controladores aéreos non puideron realizar a viaxe. O ano seguinte volveron a gañar o mesmo concurso pero a pandemia truncou unha vez máis as ilusións de ir a Toulouse. O ano pasado volveron a gañar outro concurso, Matemáticas na Raia, pero á situación sanitaria impediu realizar a convivencia con outro colexio do Norte de Portugal.
Por fin, este ano realizamos unha viaxe como premio a todos estes éxitos acadados. O lugar elixido foi Madrid, e a verdade é que foi unha experiencia moi positiva onde en pouco tempo visitamos as zonas máis emblemáticas e sobre todo volvemos a encontrarnos e desfrutar da convivencia deste equipo de rapaces e rapazas que durante tantos anos no noso colexio non deixaron de insistir e perseverar. Eles xa forman parte da historia do noso centro. Unha vez máis, NORABOA!!
O seu mestre de matemáticas.
Andrés Hay Hermida