Hoxe nas aulas de educación especial tocou estimulación sensorial, pasamos un ratiño moi agradable!
Cando falamos de estimulación sensorial facemos referencia á entrada de información da contorna ao sistema nervioso a través dos sentidos para elaborar sensacións e percepcións. Isto constitúe o primeiro elemento sobre o que se constrúe calquera aprendizaxe, xa que supón a primeira etapa do desenvolvemento das funcións cognitivas básicas (atención, memoria) e permite o desenvolvemento das funcións cognitivas superiores (resolución de problemas, razoamento, linguaxe e creatividade).
#colexioabrente #educacionespecial #estimulacionsensorial