No día de hoxe, os alumnos e alumnas de 3º ESO participaron na competición «Matemáticas na Raia» organizada por AGAPEMA  (Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática) como un concurso de resolución de problemas matemáticos en grupo. A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo para acadar a solución a distintos problemas numéricos. 

Pasárono en grande!!