A REBELIÓN DAS VERDURAS- PLAN PROXECTA  “ALIMÉNTATE BEN”

Os alumnos e alumnas de 2ºESO realizaron o teatro de luces  “A rebelión das verduras”, un proxecto de “Aliméntate  ben” dentro do Plan Proxecta.

Os alumnos prepararon desde o Club de Lectura Saudable os textos, personaxes e posta en escena para realizar a súa representación en directo. 

O 24 de marzo realizaron o seu primeiro pase en público para os alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria na que os alumnos de 2º ESO enfrontáronse á representación facendo rir e gozar aos nenos de Ed. Primaria das verduras como nunca o facían. O 30 de marzo realizaron unha segunda sesión para os nenos de Ed. Infantil, un público que resultou ser un pouco máis difícil debido ao barullo que se formou ao apagar as luces, aínda así a experiencia deste club de lectura para os alumnos de 2º ESO foi moi positiva, quedándose con ganas de facer máis representacións.