Na última actividade de titoría en 4° de eso tivemos a visita do Poli Paco e do personal do Parque de Bombeiros de Sanxenxo. Na primeira parte do obradoiro traballamos a parte de sensibilización e prevención de accidentes. Na segunda parte aprendemos a facer unha RCP e a usar o desfibrilador. Moitas grazas ao Poli Paco e ao personal do Parque de Bombeiros.