Hai uns días, os 6 alumn@s de Ed. Intantil fiemos unha visita lúdico-didáctica á estación de bombeiros de Sanxenxo. Explicáronnos en que consistía o seu traballo, amosándonos os materiais, os traxes e os vehículos usandos para asistir a unha emerxencia.
Foi unha saída moi didáctica e divertida xa que os nenos e nenas desfrutaron moito subindo aos camións, visitando a ambulancia e sentíndose como bombeiros de verdade cos cascos postos.
Pasárono en grande grazas aos bombeiros e á Policía Local.
Moitas grazas ao Parque de Bombeiros de Sanxenxo e ao corpo da Policía Local!