Despois de ter que aplazalo dúas veces polo mal tempo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou un magosto por todo o alto. Durante esta celebración, os estudantes do colexio desfrutaron dun animado circuíto de xogos populares que cativou a todas e todos, ademais da tradicional degustación de castañas asadas.
Paralelamente á festividade do magosto, realizamos un concurso de decoración de trompos e outro para a castaña máis pesada. Agradecer tamén ás familias que se acercaron polo centro a súa participación nesta actividade.