XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA.
Os alumnos de 4°EP gozaron dunha xornada de Atletismo en Pista no CGTD de Pontevedra. Os nenos/as pasárono xenial nunha mañá chea de deporte e diversión.
Participaron en diferentes probas de lanzamento como o vortex e o peso, en salto de lonxitude e carreiras de 60ml, 500ml e remudas.
Grazas ao programa XOGADE por achegarnos tantas experiencias deportivas.