Este sábado, 16 de marzo, celebramos no noso pavillón o XII Festival de Ximnasia Rítmica Colexio Abrente coa participación dos clubs Vilarousa, Pontusveteris, Grand Jeté, Viña Grande, Biqueira, Treboada, As Triscas, Vila de Pontevedra e as nosas propias ximnastas. Foi unha mañá chea de grandes actuacións e, sobre todo, moita emoción. 
Grazas a tod@s @s participantes e aos familiares que estiveron a animar en todo momento.