Durante a semana do 1 ao 7 de abril, os nosos alumnos e alumnas de 4º ESO realizaron a excursión de fin de curso que tivo como destino a Costa Dourada con base en Cambrils. Aproveitando o bo tempo, iniciamos a viaxe coa visita ao Mosteiro de Pedra (Calatayud) e á catedral basílica da nosa Señora do Pilar en Zaragoza. Unha vez instalados en Cambrils, dedicamos os días seguintes a visitar os lugares máis importantes de Barcelona como a Sagrada Familia, o parque Güell, o estadio olímpico de Montjuic, a praza de Cataluña, as Ramblas, o porto deportivo, o acuario etc. O momento central da viaxe consistiu na visita ao parque de atraccións PortAventura ao longo dúas xornadas seguidas que os alumnos aproveitaron ao máximo, gozando de todo tipo de atraccións e espectáculos. Foi unha semana moi intensa que seguro que non esquecerán nunca.