Esta mañá, o alumnado de 6º Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º Ed. Primaria recibiu a visita do Poli Paco para presentar a súa guía de Seguridade Viaria. A charla englóbase dentro as actividades que leva a Policía Local de Sanxenxo e a Consellería de Cultura do concello ao longo do curso para iniciar aos máis pequenos nas normas de seguridade viarias para peóns e condutores. Unha forma divertida de aprender e co mellor mestre.