No ano 1075 iniciouse a construción da catedral de Santiago e finalizouse máis de cen anos despois. Hoxe, os nosos alumnos de 3º e 4º ESO visitaron esta xoia arquitectónica para descubrir a súa historia, visitando a nave central e logo a cuberta superior. Por sorte, o tempo acompañou e a experiencia para eles foi completa.
