Dentro do programa de orientación académica e profesional os alumnos e alumnas de 4° de eso asistimos a unha videoconferencia con Jose Jorge García Agís, exalumno do Colexio Abrente e inxeniero naval e doutor pola Universidade de Noruega que actualmente traballa en Noruega. Moitas grazas polo teu tempo e os teus consellos.

Tamén, o pasado xoves, recibimos a visita de Alberto Fernández Aguiño exalumno do colexio e que actualmente traballa como técnico de son de diversos grupos musicais como Fillas de Cassandra. Nesta ocasión, ilustrounos sobre a opción de facer ciclos de formación profesional como alternativa ao bacharelato. Grazas pola túa visita Alberto!