O alumnado de 4º e 3º ESO realizou esta xoves, día 5 de marzo, unha saída a Vigo para visitar a feira informativa sobre o mundo laboral e as distintas opcións que hai na rama de Formación Profesional. Alí recibiron información sobre varios ciclos formativos, saídas no mundo laboral e moitas recomendacións sobre o seu posible futuro.