Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Consellería de Política Social e Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocan neste 2026 a 1ª edición do concurso “O noso canto: máis voces, máis igualdade”.

O noso centro participou nas dúas modalidades, tanto na creación dun vídeo musical como na sección gráfica. Presentámosvos a nosa versión de “O Noso Canto”, un proxecto que impulsa a igualdade entre homes e mulleres a través da música e no que os nosos alumnos e alumnas puxeron toda a ilusión.

Acadamos o 2º premio na modalidade musical e o 1º en dúas das tres modalidades gráficas:

1º premio na categoría de Educación Infantil, 1°, 2°, 3° e 4° de Educación Primaria, realizado por alumnado de 6° de Infantil (5 anos)

1º premio na categoría de 5° de Educación Primaria a 2º da ESO, realizado por alumnado de 2° da ESO.

Queremos tamén recoñecer e agradecer a participación de todo o alumnado e os mestres e mestras que formaron parte deste proxecto, enchendo o concurso de ideas, ilusión e compromiso.