Aproveitando a lectura do libro O Curioso Incidente do Can a Media Noite no noso club de lectura e para conmemorar o Día Mundial do Autismo do pasado mes, un grupo de alumnos de 3º ESO prepararon e grabaron un programa de radio para informar e concienciar á comunidade educativa.
Os rapaces presentaron o trastorno, as principais características e os axentes involucrados na axuda para unha mellor adaptación. Falaron do libro, escrito dende a perspectiva dun neno diagnosticado con TEA e puxeron máis exemplos que podemos atopar en soporte audiovisual. Aprenderon moitísimo facendo o traballo de investigación e compartiron o seu coñecemento con todos a través dun programa en Radio Abrente.
Escoitanos en Radio Abrente!