CHARLAS DE PREVENCIÓN

 

Comezando co mes de maio, acudiron ao colexio membros da Garda Civil, para dar charlas de prevención sobre o Acoso Escolar e sobre o uso das Novas Tecnoloxías.

Esta actividade deu comezo en 1º de ESO o día 4 e en 2º o día 6. Continuaron en 5º e 6º de Primaria o día 11 centrándose nun correcto uso dos dispositivos electrónicos e sobre os perigos que supoñen as redes sociais.

A iniciativa foi solicitada polo colexio ao chamado PLAN DIRECTOR, que organiza o Ministerio de Interior para facer prevención na poboación escolar.