Con motivo das actividades da Nova Radio Abrente e do Día das Letras Galegas, » As bichas de Adina» (grupo de música tradicional galega) fixo un pasarúas durante os recreos da mañá para amenizar o día aos alumnos e alumnas do colexio, desde os maiores ata os máis pequenos. Este grupo está formado por José Manuel Valdivia (orientador do centro), Alejandra Lorente (profesora de Música) e as alumnas Sara Puente, Mariña Filgueira , Saray García e Naira García, e supón unha aposta por manter vivas as tradicións da nosa terra entre os máis novos.