Esta fin de semana chegou o momento que nosas ximnastas estaban a esperar, o primeiro campionato presencial da tempada, a I Fase Escolar e Promoción do Campionato Provincial. Desprazámonos ao Pavillón do Príncipe Felipe e as nosas ximnastas brillaron no tapiz con luz propia.

As alevíns competiron o sábado pola mañá e fixérono con moita ilusión, tanto as que tiñan máis experiencia como as que se estreaban nesta tempada tan complicada para todas. As máis peques do equipo debutaban pola tarde e gozárono moitísimo. O domingo tocoulle ás nosas individuais que fixeron un gran papel no seu debut en promoción.

Deixámosvos a ligazón á competición.

 Alevíns: https://www.galiciansports.com/2021/05/15/video-completo-15-maio-liga-provincial-pontevedra-i-fase-escolar-gimnasia-ritmica-xornada-de-mana/

Prebenxamíns: httpss://www.youtube.com/watch?v=AEb_juPK1mo

Individuais promoción:https://www.galiciansports.com/2021/05/12/liga-provincial-pontevedra-i-fase-promocion-ximnasia-ritmica-16-maio/

 E a algunhas fotos e vídeos.