Un curso máis dende o Equipo de Dinamización Lingüística organizamos un magosto no que puidemos desfrutar dunha degustación de castañas preparadas polo noso castañeiro, Damián. Tamén preparamos un circuíto de xogos populares que fixo as ledicias de tod@s.

Parello ao magosto, celebramos un concurso de decoración de trompos e o da castaña máis pesada, resultando gañadores: Nicolás González de 1º de E. Primaria e Lucía Martínez de 1º de ESO.

PARABÉNS AOS GAÑADOR@S!!!