CAMPO A TRAVÉS – Novembro 2021-
O mércores 17 de novembro, o alumnado de 2º,3º,4º,5º e 6º de primaria e o de 1º,2º e 3º ESO do noso centro, participaron no CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR que se celebrou en Portonovo.
Unha xornada chea de ilusión, esforzo e deportividade, onde os nenos pasaron un intre divertido o redor do deporte.
Esta actividade enmárcase dentro do programa XOGADE, programa de deporte escolar da Xunta de Galicia.
Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.