O venres 11 de febreiro organizouse unha xornada para 4º de ESO dentro do Plan de Orientación Académica e Profesional. Acudiu D. Cesar Barros Frraga, que é o Xestor da Area de Recrutamento da Subdelegación de Defensa en Pontevedra.

Nesta charla explicou as diferentes saídas de formación e laborais que teñen as Forzas Armadas e os requisitos para formar parte das mesmas.