O alumnado de 4º ESO está a participar na Digital Week 2024 na localidade de Os Peares en Ourense. Trátase de un curso de inmersión lingüística en inglés deseñado para que os e as participantes practiquen e melloren o seu dominio do idioma desde un enfoque comunicativo, especialmente oral a través de actividades dixitais. Durante o programa, os e as participantes realizan unha variedade de actividades diarias, incluíndo preparación, talleres prácticos, actividades grupais, e a elaboración de proxectos colectivos, todo en inglés. O programa desenvólvese ao longo de 6 días, comezando o domingo pola tarde e finalizando o sábado pola mañá.