Festa do Judo Infantil-Trofeo Mestre de Froitos

Más dun milleiro de nenos e nenas, menores de 12 anos, déronse cita este Nadal no pavillón de As Travesas para participar na trixésimo primeira edición da Festa do Judo Infantil-Trofeo Mestre de Froitos, un evento que vén celebrando desde 1992 e que reuniu a deportistas de diferentes xeracións no recinto vigués e na que participaron este ano, alumnado do noso centro.

Era a primeira vez para o noso alumnado e, aínda así, demostraron gran destreza co aprendido estes tres meses na actividade extraescolar de Judo.
Nuestrxs novos saíron ao tatami correspondente por parellas e levaron a cabo unhas exhibicións con gran nivel, vitalidade e confianza, obtendo unha puntuación e un regalito de nadal.

Organizado pola Asociación Deportiva Famu de Froitos, o evento contou coa asistencia de dúas judocas olímpicos nos Xogos de París 2024, Laura Martínez Abelenda e David García Tornei, ademais da tripla campioa de Europa viguesa Laura Vázquez, e o triplo campión de España absoluto José Antonio Aranda.

Como vén sendo habitual reuníronse varias xeracións: avós, avoas, nais, pais, nenas e nenos, xa que polos seus tatamis pasaron máis de 25.000 judokas ao longo destes 31 anos de historia.
Esta actividade mostrouse máis nova e ilusionante que nunca transmitindo amplas doses de alegría e emoción reflectidas nos rostros e os sorrisos dos judokas, pertencentes a máis de 30 clubs e colexios, que lograron un ano máis celebrar un evento de récord.

Agradecementos a todas e cada unha das familias por confiar nesta marabillosa disciplina.