Como cada ano, celebramos este pasado venres o tradicional desfile de entroido. O tema elixido foi «O Abrente dá a nota» centrado nas distintas tendencias musicais das últimas décadas. Queremos agradecer ao alumnado, profesores e familias pola súa implicación nesta actividade. Houbo disfraces realmente orixinais e moi ben traballados. Ademais, os alumnos e alumnas trouxeron produtos típicos destas datas para a súa degustación ao finalizar a actividade. Foi unha xornada moi divertida na que todos o pasaron en grande.
