Arrinca o Plan Director no noso cole
Comezamos o Plan Director para a Convivencia e a Seguridade, no que participará o alumnado de 5º e 6º de Primaria e toda a ESO. Este programa abordará temas como o acoso escolar, os riscos na internet e a violencia de xénero, entre moitos outros.
A primeira sesión tratou o acoso escolar , un tema clave para seguir creando unha contorna segura para todos e todas.
🙌🏼 Grazas á Garda Civil, e en especial a José, que nos acompañará nestas charlas achegándonos información importantísima para o noso alumnado.